O BNG censura á negativa do goberno local de Ferrol a conmemorar o Día de Rosalía

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol lamenta «que o goberno local deixe pasar e non teña programado ningunha actividade de cara a próxima data do 23 de febreiro, día no que se vai conmemorar o Dia Rosalia de Castro».

María López, concelleira o BNG en Ferrol, sinala que no pasado pleno ordinario do mes de Xaneiro, «presentamos unha moción promovida dende a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega . Máis o desprezo amosado polo Alcalde da cidade, Angel Mato, as iniciativas política que apresentamos os grupos municipais, arrastrando mocións dende o mes de Novembro e a negariva a celebrar os plenos para o seu debate impediron o seu debate. Este mércores celebrase o Día de Rosalia e a nosa moción aínda non foi debatida, nin sabemos cando é que se vai debater. É obvio que máis alá do seu debate plenario o goberno local tiña coñecemento desta efeméride e lamentablemente non se ten previsto ningún acto para esta conmemoración.

Na iniciativa elevada a pleno polo BNG incluianse propostas como:

– Declarar o día 23 como Día de Rosalía.

– Emprender e apoiar a realización de actividades de promoción da nosa escritora e que – – implicase a cidadanía

– Realizar unha leitura pública da obra rosalia implicando aos centros educativos do nosos e as entidades culturais do noso concello.

– Ou tamén agasallar libros de autoras e autores en lingua galega en librarías do concello, a aqueles alumnos dos centros educativos que fagan actividades de conmemoración do día de Rosalía».

María López, concelleira nacionalista, afirma que «dende a última comisión de Participación cidadá onde está inserida a área de Normalización Lingüística, non se informou sobre os actos que van decorrer neste día, a excepción dunha ofrenda floral saída dende Protocolo, sen presencia institucional nin de público, ao contrario dos actos que sen rubor organiza o alcalde para aquelas cousas que si que lle interesan»..

O BNG lembra que dende diferentes ámbitos xa se coñecen as diferentes actividades que se van propoñer para ese día, son moitos os concellos adheridos a proposta da AELG, mais non a cidade de Ferrol. Tamén moitas outras entidades e vilas organizaron actividades diversas sen estar adheridas a esta iniciativa, como é o caso do Servicio de Normalización da Mancomunidade onde se propón que a cidadanía saque a mellor Rosalía caracterizándose coma ela, ou a Sociedade Cultural Medulio no caso concreto de Ferrol.

María López lamenta profudamente que o goberno muncipal deixe a Ferrol á marxe destas actividades tan diversas, onde se implica a cidadanía para dar a coñecer, valorar e fomentar a nosa gran poetisa coa súa obra e o seu pensamento que segue tan vixente nos nosos días.

Lea también

“As Pontes, Terra de Cogomelos” premia ós mellores cociñeiros de Galicia

O xurado decidirá o próximo sábado 30 de novembro nun evento de portas aberta ao …

Un comentario

  1. No recuerdo tanta efusividad con el aniversario de Cela que, si mal no recuerdo, era también gallego. Y nobel, además.

    Muy fan de éstos que desean que seamos los demás, con dineros públicos extorsionados de las carteras de cientos de mileuristas, los que pongamos la pasta para «sus» regalos.

    Me creeré estas cosas cuando sean los propios bloqueiros los que pongan la pasta de sus bolsillos para comprar esos libros y regalarlos por doquier.

    En mi cumpleaños soy yo el que invita, no exijo que mis amistades traigan el paté y las botellas para asistir a la fiesta.