Xornada aberta do Club de Lectura feminista co faladoiro «Só sí é sí», Narón

A Biblioteca pública municipal de Narón organiza unha xornada aberta este xoves 17 de febreiro ás 18.00 horas que acollerá un faladoiro titulado «Só sí é sí»

A concelleira de Ensino e Bibliotecas, Mercedes Taibo, animou á participación cidadá nesta xornada e recordou que este faladoiro está articulado a partir da Lei Orgánica de garantía integral da liberdade sexual, coñecida como “Lei só sí é sí”, xa que as persoas participantes no Club de lectura feminista están lendo na actualidade o libro «El consentimiento» da escritora Vanessa Springora.

A poñente, Rocío Saavedra Fernández, é Técnica de formación da Cruz Vermella e politóloga feminista. A sesión está aberta ó público en xeral, reservándose once prazas para as participantes do Club de Lectura e cubrindo o resto de prazas por orde de chegada ata compretar o aforo da sala que é de 30 persoas en total

Lea también

Narón súmase ao chamamento da Mancomunidade para un consumo responsable de auga

Os concellos da comarca manteñen dende xullo medidas de aforro, que continúan vixentes ante a …