Curso formativo sobre o sistema APPCC no sector alimentario en Narón

O concelleiro de Promoción Económica, David Pita, presentou no Concello de Narón un curso formativo sobre o sistema APPCC, Análise de perigos e puntos de control críticos, relativo ó sector alimentario derivado da actividade pesqueira.

O sistema APPCC é un proceso sistemático preventivo para garantir a inocuidade alimentaria de forma lóxica e obxetiva. Coa realización deste curso, o alumnado adquirirá os coñecementos necesarios para aplicar a normativa básica relativa a os Análises de Perigos e Puntos Críticos de Control.

Aprenderán a implantar un sistema de APPCC e o seu mantemento e tratarán diversas materias como: Orixe, concepto e necesidade dun Sistema de Autocontrol APPCC. Os 7 principios do Sistema APPCC e a súa aplicación. Requisitos previos necesarios para a implantación dun Sistema APPCC. Estabrecemento de límites críticos e xestión de non conformidade. Repartición de tarefas dentro da empresa alimentaria para a implantación e o desenvolvemento do Sistema APPCC e Aplicación práctica do Sistema APPCC na Industria Alimentaria.

Pita recordou que os sistemas de APPCC son fundamentais para garantir a seguridade alimentaria e a inocuidade dos alimentos, permitindo a protección dos usuarios e a protección de industrias e pequenos produtores, bares, restaurantes e outros comercios que teñan relación cun algún tipo de alimento.

O curso impartirase o 17 de febreiro de 16.30 a 20.30 horas no local social municipal do Alto do Castiñeiro, conta cun total de 15 prazas e as inscricións poden realizarse ata o 16 de febreiro por medio de solicitude xenérica presencial no Rexistro do Concello ou a través da Sede Electrónica.

O curso enmárcase no Proxecto «Mergullando no litoral de Narón» realizado co apoio do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) e a Consellería do Mar da Xunta de Galicia, a través do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Golfo Ártabro Norte.

Lea también

Narón súmase ao chamamento da Mancomunidade para un consumo responsable de auga

Os concellos da comarca manteñen dende xullo medidas de aforro, que continúan vixentes ante a …