VII edición do Festival Internacional do Monólogo Teatral “Singular”, Narón

O Pazo de Cultura de Narón, acollerá o vindeiro mes de marzo unha nova edición do Festival Internacional do monólogo teatral Singular.

A alcaldesa da cidade e presidenta do Padroado de Cultura, Marián Ferreiro Díaz, e o edil de Cultura, Guillermo Sánchez Fojo, presentaron este xoves, día 10 de febreiro, no Concello o programa que consta de doce monólogos teatrais que se representarán entre os días 4 e 27 do vindeiro mes de marzo no Pazo.

Tamén terán lugar actividades paralelas que terán lugar o día 10 de marzo. Rolda de negocios: Encontro con programadores nacionais e internacionais (membros de Redelae) e compañías de teatro galegas, de 17.30 a 19.30 horas e Mesa redonda: «Circulación Internacional de Espectáculos Teatrais» de 20.00 a 21.30 horas, coa participación de Gustavo Zidan (Uruguay), Octavio Arbelaiz (Colombia) e Zaida Sánchez (Costa Rica). Presenta e Modera Xosé Paulo Rodríguez (Galicia).

O primeiro monólogo, como explicou a alcaldesa, terá lugar o día 4 de marzo ás 20.30 horas no Pazo, a compañía Pentación Espectáculos representará a obra ´Molly Bloom´. En 1980 Magüi Mira encarnou a Molly Bloom, mítico personaxe da novela de James Joyce, un dos grandes textos literarios do século XX, e namorou ao público e á crítica. Molly desvélanos a súa paixón pola vida, a súa relación co sexo, os seus principios fimininos. Molly, segura de sí mesma, goza da vida que vive e da vida que imaxina. Hoxe, corenta anos despóis, Magüi Mira achéganos a unha nova Molly. Con moito amor e moito humor.

O prezo das entradas será de 12,00 euros para público xeral e 8,40 euros para abonados, desempregados, carné xove ou estudante (ata 25 anos).

O día 5 de marzo, a compañía Produccións Teatrais excéntricas representará a obra ´Cadaval conta… Complexo de Edipo´, un relato mítico orixinal do inmortal Sófocles nunha versión do ribeirán. O mito do home que mata o pai, deitase coa nai, chámalle fillos ós irmáns e agora comentado por unha taberneira dun porto galego que ademáis é a nai do monhilista Cadaval. A cociñeira desdeña o mito clásico ao tempo que dá a receita da carne asada, épica, alta cultura, cotilleos, psicoanálise… Todo en setenta e un trepidantes minutos dun monólogo Traxiridículo.

Entradas 9,50 euros para público xeral e 6,65 euros para abonados, desempregados, carné xove ou estudante (ata 25 anos).

O domingo 6 de marzo ás 18.00 horas no Café-Teatro do Pazo, a compañía Caramuxo Teatro representa, coa actuación de Laura Sarasola, o monólogo ´A nena que vivía nunha caixa de mistos´, para público infantil e familiar. Un espectáculo inspirado no conto ´A vendedora de mistos´ de Andersen. Unha proposta de teatro de actriz e monicreques que conta con música en directo.

Entradas 9,50 euros para público xeral e 6,65 euros para abonados, desempregados, carné xove ou estudante (ata 25 anos), e para menores de 12 anos 5,50 euros.

Na xornada do venres 11 de marzo, ás 20.30 horas a compañía Lucía Trentini, de Uruguay, representará ´Música para fiambrería. Un policial verde´. Tres historias entrelázanse para contar un crime nacido da desesperación e do desamor. Un programa de radio nocturno da cabida e abre os oídos á palabra de quenes necesitan ser escoitados. A súa conductora da paso ó diálogo destas vidas dende un lugar absurdo e traxicómico.

Entradas 9,50 euros para público xeral e 6,65 euros para abonados, desempregados, carné xove ou estudante (ata 25 anos).

O sábado 12 de marzo, ás 20.00 horas, a compañía Entrecajas, representa, coa interpretación da recoñecida actriz Blanca Portillo, o monólogo teatral ´Silencio´. Vestido cun traxe de etiqueta dentro do que non acaba de sentirse cómodo, o dramaturgo, ou seica unha actriz amiga a quen pediu que o represente nun solemne acto pronunciando un discurso titulado “Silencio”. Vai falar sobre o silencio na vida e no teatro, quizá tamén sobre o silencia na súa vida e no seu teatro. Quizá o silencio, que soporta o discurso e sobre o que o discurso indaga, poña o discurso en perigo. Quizá o máis valiloso sexa finalmente, poder escoitar xuntos o silencio.

Entradas 14,00 euros para público xeral e 9,80 euros para abonados, desempregados, carné xove ou estudante (ata 25 anos).

O domingo 13 de marzo ás 18.00 horas un espectáculo para público infantil e familiar ´A viaxe de Rosalía´ da compañía Larraitz Urruzola no Café-Teatro do Pazo. Un espectáculo de monicreques unipersonal sobre Rosalía de Castro, onde da man da narradora e titiriteira Larraiz Urruzola e con coñeceremos parte da obra Rosaliana e algúns dos momentos da vida desta insigne artista galega.

Entradas 9,50 euros para público xeral e 6,65 euros para abonados, desempregados, carné xove ou estudante (ata 25 anos), e menores de 12 anos 5,50 euros.

O venres 18 de marzo, ás 20,30 horas, a Compañía Empatía Teatro achega ó Pazo unha estrea, ¨Esas cousas marabillosas´ coa interpretación de Elisardo de la Cruz. Con moitos personaxes e moitas situacións que se desenvolven coa axuda e complicidade do público, constrúese esta peza tenra e emociónante sobre a depresión e ata onde chegamos pola xente a que amamos.

Entradas 9,50 euros para público xeral e 6,65 euros para abonados, desempregados, carné xove ou estudante (ata 25 anos).

O sábado 19 de marzo, ás 20.00 horas, a compañía de Cuba Dayana Contreras representará o monólogo ´La ciudad de las damas´. Interpretado por Dayana Contreras, co tema dos tópicos cos que se relaciona a unha persoa emigrante e os que se relacionan co seu xénero ó longo do tempo.

Entradas 9,50 euros para público xeral e 6,65 euros para abonados, desempregados, carné xove ou estudante (ata 25 anos).

Na xornada do domingo, 20 de marzo, Xarope Zulú representa no Café-Teatro do Pazo, un espectáculo de pequeño formato dirixido á primeira infancia (o-3 anos) que combina a narración oral, a manipulación de obxectos e a música. A través do conto acumulativo, da canción e o xogo de imitación, viaxaremos por diversas paisaxes e coñeceremos personaxes estrafalarias que deben resolver múltiples enredos, interpretado por Atenea García.

Entradas 9,50 euros para público xeral e 6,65 euros para abonados, desempregados, carné xove ou estudante (ata 25 anos).

O venres 25 de marzo Deuve trae a obra ´Guerra de identidade´ interpretada por Déborah Vukusic. Unha muller, metade galega e metade croata, que danza entre guerra históricas e conflictos individuais, dá conta da batalla na procura de sí mesma, loitando entre o dramático e o cómico, o testemuño e a imaxinación, entre a memoria persoal e colectiva.

Entradas 9,50 euros para público xeral e 6,65 euros para abonados, desempregados, carné xove ou estudante (ata 25 anos).

O sábado 26 de marzo, ás 20.00 horas, Isabel Risco protagoniza un espectáculo no que nos ofrece a súa particular visión da historia das mulleres galegas. Unha historia sempre roubada, agochada e invisibilizada. É unha producción teatral sobre mulleres sen medo, mulleres empoderadas que, ó longo dos anos, se enfrontaron á máquina do poder establecido coas armas da xustiza social, da empatía e da humanidade, para transformar a reallidade e construir un país mellor, un mundo mellor.

Entradas 9,50 euros para público xeral e 6,65 euros para abonados, desempregados, carné xove ou estudante (ata 25 anos).

O domingo 27 de marzo, ás 18.00 horas, Xarope Tulú, coa actriz Atenea García, presenta no Café-Teatro do Pazo un espectáculo adicado á primeira infancia onde os obxectos e a palabra nos fan viaxar a través do mundo animal. As protagonistas das nosas historias aprenderán nesta viaxe a importancia de seren diversas e a posibilidade de compartir coas demáis os seus afectos.

Entradas 9,50 euros para público xeral e 6,65 euros para abonados, desempregados, carné xove ou estudante (ata 25 anos). Menores de 12 anos 5,50 euros.

As entradas para os espectáculos poden adquirirse ate o 16 de febreiro na quenda de aboados e estarán a disposición do público xeral a partir do día 19 de febreiro na billeteira do Pazo en horario de luns a sábado entre as 9.30 e as 14.00 horas e de 17.00 a 20.30 horas. Os domingos que teñan representación poderanse adquirir unha hora antes da función.

Lea también

Narón iza a bandeira galega na Casa da Cultura

O Concello de Narón  programou para este sábado coincidindo co 23 de novembro, festividade local, …