O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publicou este martes, día 8 de febrero, as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo de tres prazas da oferta de emprego do Concello de Narón: unha de axente de desenvolvemento local, outra de técnico informático e unha de arquitecto técnico.
O primeiro dos exames para a praza de axente de desenvolvemento local terá lugar o vindeiro 8 de marzo no segundo andar do Concello. Un total de catro persoas optan a esa praza, tal e como se especifica no BOP.
No que respecta á praza de técnico informático, están admitidos ó exame oito persoas, que deberán presentarse no segundo andar do Concello o 11 de marzo para o primeiro exame. A maiores, o BOP publica tamén a listaxe das doce persoas que optan á praza de arquitecto técnico, para a que aínda non se indicou a data do exame.