Ampliación do plazo do curso “Experto Profesional en Comercialización de Produtos de Pesca e Acuicultura»,en Narón

O edil de Promoción Económica, David Pita, anunciou a ampliación do prazo de inscrición nun curso de “Experto Profesional en Comercialización de Produtos de Pesca e Acuicultura”, enmarcado no proxecto “Narón emprende en azul”.

Trátase dunha proposta impulsada en colaboración co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) e a Consellería do Mar da Xunta de Galicia a través do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Golfo Ártabro Norte e que tamén conta co respaldo da UNED.

As persoas que queiran anotarse poden aínda facelo dende este martes día 8 ata este mércores  día 9 de febreiro, ás 23.59 horas a través da Sede Electrónica do Concello ou o Rexistro municipal, tal e como avanzou Pita.

O alumnado que remate esta acción formativa obterá un diploma de “Experto Profesional en Comercialización de Produtos de Pesca e Acuicultura”.

Os módulos abordarán temas como o funcionamento da cadea pesqueira, a seguridade alimentaria, a trazabilidade e o etiquetado, a sostibilidade, marketing e comunicación e tamén, entre outros, aspectos fiscais ou laborais, tal e como indicaron dende a organización.

En total impartiranse 400 horas ata o vindeiro mes de xuño, podendo obter 16 créditos e quince persoas que cumpran os requisitos estipulados poden solicitar o 100% da bolsa para realizalo. O curso diríxese a profesionais do sector da pesca e comercialización e tamén a todas aquelas persoas que desexen encamiñar a súa actividade profesional cara a este sector.

Para máis información sobre este curso pódese contactar co Concello, chamando ó número de teléfono 981 337 700 (extensión 1204)

Lea también

La AVV de Piñeiros Narón convoca una reunión para tratar la mejora de la seguridad vial de la carretera do Feal

  José Francisco Pita presidente de la Asociación Vecinal de Piñeiros expone a través de …