Ferreiro recibe ó novo comisario da Policía Nacional da Comisaría de Ferrol-Narón

A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, recibiu este luns, día 31 de xaneiro, no seu despacho ó novo comisario da Policía Nacional da Comisaría de Ferrol-Narón, o compostelán Javier María de Loresecha.

A rexedora local estivo acompañada na reunión polo concelleiro de Seguridade Cidadá, Román Romero, e o xefe da Policía Local de Narón, Eduardo Pita.

A xuntanza programouse con motivo do recente nomeamento de Javier María de Loresecha, que tivo lugar o pasado día 10, en sustitución de Carlos Soria, actualmente comisario provincial en Cáceres.

O encontro foi unha primeira toma de contacto entre Ferreiro e De Loresecha, e tras manter este último un encontro a pasada semana coa subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, para coñecer a situación da comarca en materia de seguridade cidadá.

Ferreiro deulle a benvida ó comisario felicitándoo polo novo cargo e a súa dilatada experiencia profesional, e ofreceu a máxima colaboración do Concello para continuar traballando conxuntamente en materia de seguridade cidadá.

A alcaldesa e o comisario coincidiron na necesidade de convocar unha xuntanza en canto sexa posible para abordar diferentes temas vencellados á citada área, se ben Ferreiro aproveitou a reunión para trasladarlle os últimos problemas que en materia de seguridade cidadá que se están rexistrando na cidade.

Lea también

Narón acoge en el CC Odeón la exposición de Roberto Marín, ‘Una mirada cofrade’

La plaza de Eventos del Centro Comercial Odeón ha inaugurado este viernes 11 la exposición …