Programa «Construíndo futuro» dirixido a menores de familias vulnerables en Narón

Os mozos de 12 a 16 anos en situación de vulnerabilidade social son os destinatarios do programa municipal de Narón «Construíndo futuro», de apoio e reforzo escolar.

A concelleira de Benestar Social, Catalina García, anunciou o inicio deste programa, que se desenvolverá ata finais de maio e a través do que se atenderá, en dúas quendas, a un total de dezaseis menores.

Unha educadora social será a persoa encargada de impartir as sesións, de dúas horas de duración, e nas que os rapaces e rapazas realizarán unha serie de actividades para potenciar e mellorar a súa formación, saúde, habilidades sociais e tamén as relacións interpersoais”, explicou a edil naronesa. García índicou que as mozas e mozos que participarán nesta convocatoria derivaranse dende o Servizo Sociocomunitario Municipal.

A maiores do reforzo educativo, recalcou a edil, tamén se trata de “previr condutas inapropiadas ou situacións de risco, para evitar a escasa integración social do colectivo”. As sesións levaranse a cabo nas instalacións da Casa da Mocidade, na Gándara.

Para máis información pódese contactar co Servizo Sociocomunitario Municipal, no primeiro andar do Concello, no teléfono 981 337 700 (extensións 1111, 1108 e 1109) ou escribir ó correo electrónico: omix@naron.es.

Lea también

Presentación no Cimix de Narón do libro “El tranvía de Ferrol a Neda”, de Tomás Casal Pita

A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, acompañou este xoves a Tomás Casal no acto de …