O Pazo da Cultura de Narón acolle o microespazo «O que levamos nas maletas»

A Cidade dos Agasallos do Pazo da Cultura de Narón, acolle este martes, día 4 de xaneiro, o último dos microespazos programados este ano e dirixidos a público familiar.

O concelleiro de Cultura, Guillermo Sánchez Fojo, explicou que ás 18.00 horas se poderá ver “O que levamos nas maletas” de Magín Blanco e Pablo Vidal.

Esta proposta é un contacontos musicado que axudará ós nenos a estimular a súa creatividade e tamén a súa curiosidade polas letras e as palabras, a lingua, os contos e a música. Deste xeito os menores poderán crear o seu propio universo creativo, tal e como indicaron os autores desta proposta.

O Pazo acolleu dende o pasado 23 de decembro un total de oito espectáculos, ós que se sumará o deste martes 4,  para completar a programación da Cidade dos Agasallos.

A maiores, este xoves día 6 de xaneiro, tamén terá lugar no Pazo o gran recibimento ós Reis Magos, ós que poderán saudar os nenos de 11.00 a 14.00 e de 16.30 a 21.00 horas. Para poder facelo é preciso reservar entrada no teléfono do despacho de billetes do Pazo, chamando ó 981 102 897

Lea también

La academia de Baile All Dance Studio actúa este sábado 31 en Narón

El Centro Comercial Odeón acoge este sábado por la tarde la exhibición de la escuela …