Inauguración da Oficina do Correo Real na Cidade dos Agasallos en Narón

A alcaldesa, Marián Ferreiro, e a edil de Turismo, Natalia Hermida, desprazáronse este mércores, día 22 de decembro, á Cidade dos Agasallos instalada no Pazo da Cultura, donde ás 11.00 horas comezou a funcionar a Oficina do Correo Real.

Os nenos poderán deixar as súas cartas ós Reis Magos de luns a venres entre as 11.00 e as 14.00 e de 16.30 a 21.00 e os sábados e domingos dende as 11.00 ata as 14.00 horas, sen ser preciso realizar reserva previa.

Ferreiro destacou que “un ano máis impulsamos esta iniciativa no Pazo da Cultura para que os nenos  poidan desfrutar destas datas do Nadal, deixando as súas cartas ós Reis Magos e, en determinadas xornadas, disfrutar de diversos espectáculos e tamén o 5 de xaneiro conversar cos Reis Magos, que xa teñen preparado os seus tronos”.

Na Cidade dos Agasallos desenvolveranse dende mañá xoves ata o 4 de xaneiro microespazos para todos os públicos. A primeira cita será con “Aguinaldos na Maxia do Nadal” ás 12.00 horas, de A Maga Fani, e “Varietés do animalario” ás 18.00 horas, de Paporrubio. Esta mesma semana, o domingo 26 poderase ver “O tranvía de Nadal” ás 12.00 horas de Charo Pita Trío, e “O Castiñeiro do Apalpador” ás 18.00 horas.

A vindeira semana, o próximo mércores 29 terá lugar “Arrieira” ás 18.00 de Xarope Tulú, e o xoves 30 “O Crebanoces” ás 18.00 horas de Larraitz Urruzola. As dúas últimas propostas serán en xaneiro, o día 2 con “Os ratiños do Nadal” ás 12.00 de Bea Campos, e “Estación Nadal” ás 18.00 de Mamá Cabra e o día 4 con “O que levamos nas maletas” ás 18.00 horas de Magín Blanco e Pablo Vidal. Todos estes espectáculos son de balde e desenvolveranse na zona da Cidade dos Agasallos.

Tamén o Pazo é o lugar elixido para o gran recibimento ós Reis Magos. Será o 5 de xaneiro cando os nenos poderán conversar con Melchor, Gaspar e Baltasar en horario de mañá e tarde, de 11.00 a 14.00 e de 16.30 a 21.00 horas. Neste caso será preciso reservar entradas, sen custe,  a partir do luns 27 de decembro no teléfono da billeteira do Pazo da Cultura: 981 102 897.

“Queremos que os nenos desfruten coas súas familias e amizades, ofrecendo unha serie de propostas típicas do Nadal para manter a ilusión propia destas datas” asegurou Ferreiro, que animou ós veciños a achegarse estes días ó Pazo da Cultura.

Lea también

O Pazo da Cultura acolle a “XXXV Gala do Deporte de Narón”

O Pazo da Cultura de Narón acolle este venres 22 unha nova edición, a trixésimo …