O BNG advirte que o Concello de Ferrol excede o periodo medio de pago a proveedores

María do Mar López e Iván Rivas en rolda de prensa | Adán Puentes

Iván Rivas, portavoz municipal do BNG, advertiu que o Concello de Ferrol, «por terceiro trimestre consecutivo» excedeu o período medio de pago a provedores, situándose en 39,79 días, superando os límites estabelecidos, tal e como se informou na comisión de Facenda celebrada esta mañá.

Esta situación ven derivada «do proceso de adelgazamento das administracións públicas que xera alarmantes carencias de persoal e que se traduce nunha incapacidade manifesta para poder tramitar os expedientes e informes máis ordinarios e cotiás como son o pago das facturas«, sinalou.

Iván Rivas instou ao alcalde da cidade «a sair da situación de parálise na que se atopa deixando pasar o tempo e sen adoptar ningún tipo de medida para correxir esta situación que se prolonga desde o inicio do ano«.

Desde o BNG insisten na necesidade «de incrementar o persoal municipal e asumir a xestión pública dos servizos, algo que redundará en beneficio dos veciños e veciñas e do funcionamento da administración local«. É por iso que instan ao goberno municipal a cubrir de xeito inmediato as prazas de persoal que ten vacantes o Concello para reforzar a xestión pública dos servizos municipais.

Lea también

El centro cívico de Caranza contará con una nueva envolvente

El centro cívico de Caranza entrará en obras en las próximas semanas, tras la adjudicación …