Narón-Aberto o prazo de inscrición para dous novos cursos na Aula Cemit

A Aula Cemit de Xuvia acollerá dous novos cursos a partir do vindeiro mes de decembro, un sobre “Teletraballo, reunións en liña e capacitación online” e outro de “Busca de emprego 2.0”.

A concelleira de Formación e Novas Tecnoloxías, Natalia Hermida, recordou que as persoas interesadas en inscribirse deben facelo a través da plataforma Cemit, podendo acceder a través do enlace: https://cemit.xunta.gal/es/formacion/formacion-presencial

A acción formativa sobre “Teletraballo, reunións en liña e capacitación online”, cun total de nove prazas, impartirase do 13 ó 21 de decembro, en horario de tarde, de 16.00 a 20.00 horas. En total o curso consta de 28 horas, nas que se abordarán temas como a xestión do correo, tarefas e axenda dixital, reunións en liña, almacenamento na nube, mensaxería a tempo real e xestión de proxectos online con Trello.

O curso de “Busca de emprego 2.0” tamén oferta nove prazas, do 1 ó 21 de decembro e neste caso en horario de mañá, de 9.30 a 13.30 horas. Nas 52 horas de duración do mesmo abordaranse temas como a marca persoal na web 2.0, as redes sociais aplicadas á búsqueda de emprego, redes sociais profesionais, currículo 2.0 para un recrutamento efectivo e portais 2.0 para a busca de emprego.

As prazas ofertadas para estas accións formativas cubriranse por orde de inscrición, tal e como recordou a concelleira naronesa.

Lea también

Narón iza a bandeira galega na Casa da Cultura

O Concello de Narón  programou para este sábado coincidindo co 23 de novembro, festividade local, …