O Concello declara deserto o concurso «Tarta de Narón» trala deliberación do xurado

O venres, día 5 de novembro, o xurado composto por Lucía Freitas, Pablo Morales e Manuel Cordido decidiu por unanimidade declarar deserto o concurso para a creación da denominada «Tarta de Narón».

Os membros do xurado aínda valorando a calidade das propostas presentadas, declararon o concurso deserto por non cumprir cos obxectivos marcado polo Concello de Narón para a creación dun doce de viaxe que o represente e sexa un reclamo turístico e gastronómico.

O Concello de Narón, organizador da iniciativa, pretende continuar co proceso para conseguir esa proposta de doce, que inspirado na tradición cultural ou gastronómica da zona a represente en distintos eventos turísticos ou de lecer.

A «Tarta de Narón» é unha marca rexistrada polo Concello de Narón, acompañada dunha ilustración do Muíño das Aceas, creación do deseñador Juanlu Fernández.

Lea también

A Xunta anima os mozos de Ferrolterra a participar nunha nova edición do ‘Xuventude Crea 2025’

A delegada territorial de Ferrol acudiu ao IES Terra de Trasancos, en Narón, onde informou …