A Asociación de Veciños “Os Irmandiños”, do Val, organizou para este sábado, día 6 de novembro, o evento “Troula no Val”, unha convocatoria que conta coa colaboración, entre outros, do Concello de Narón. A cita será a partir das 19.00 horas no pavillón polideportivo da parroquia e contará cun apartado gastronómico e outro musical.
As persoas que se acheguen poderán degustar o bocata “Imus Val”, de longaniza, por catro euros, ou comer o “pincho Sinde”, por tres euros, a base de liscos e pan. A recadación destinarase a favor da Sociedade Deportiva O Val, tal e como indicaron dende a organización, facilitando tamén un número de conta con Fila 0, para aquelas persoas que desexen colaborar: ES10 0081 2204 4400 0126 7332.
No que respecta ó apartado musical, haberá unha actuación en directo, a cargo de Macarena Tejada. A maiores, as persoas que acodan terán tamén a oportunidade de participar en xogos e entrar no sorteo de agasallos.