Narón-Ampliación do horario de atención ó público de Urbaser

O concelleiro de Servizos, Ibán Santalla, anunciou a ampliación do horario de atención ó público da empresa concesionaria do servizo de recollida de lixo e voluminosos no termo municipal, Urbaser.

O edil indicou que dende hai uns días a atención telefónica a través do número 981 391 074 realizarase ininterrompidamente de 8.00 a 18.00 horas de luns a venres e tamén entre as 9.00 e as 14.00 horas os sábados.

“Esta é unha das medidas incluídas entre as melloras do novo contrato municipal de Recollida de Residuos Urbáns e de voluminosos, ampliando ás tardes de luns a venres e nas mañás dos sábados o servizo de atención ó público, que anteriormente estaba activo nas mañás de luns a venres”, explicou Santalla.

O responsable da área de Servizos incidiu en que “con este tipo de medidas tratamos de ofrecer ás nosas veciñas e veciños melloras nun servizo básico para a nosa cidade”.

Santalla solicitou colaboración cidadá para que todas aquelas persoas que precisen facer uso do servizo de recollida de voluminosos chamen ó teléfono da empresa Urbaser para que lles indiquen o día no que deben deixalo na rúa.

Deste xeito evitaremos que se acumulen os voluminosos nas rúas da cidade, seguindo en todo momento as indicacións da empresa para que poidan recollelo á maior brevidade posible”, indicou.

Sobre este último punto o edil naronés destacou tamén o feito de que a recollida de voluminosos se ampliou de dous a catro días á semana. “As melloras do contrato estanse aplicando e as veciñas e veciños temos que contribuír para facer de Narón unha cidade cada día máis limpa, facendo uso dos servizos precisos”, asegurou

Lea también

O Pazo da Cultura acolle a “XXXV Gala do Deporte de Narón”

O Pazo da Cultura de Narón acolle este venres 22 unha nova edición, a trixésimo …