Narón-Programa municipal «Benestar e saúde»

Os edís de Sanidade, Santiago Galego, e Igualdade, Mar Gómez, presentaron o programa «Benestar e movemento» co fin de constituír un grupo de actividade física para persoas con doenzas crónicas.

A iniciativa diríxese a persoas empadroadas en Narón, maiores de 18 anos e que padezan algunha enfermidade crónica. Os concelleiros naroneses anunciaron que o prazo para anotarse neste programa abrirá mañá venres ata esgotar as prazas dispoñibles, un máximo de trinta.

As inscricións poden realizarse a través da Sede Electrónica de Narón, do Rexistro municipal ou de calquera do lugares e rexistros establecidos nos artigos 14.1 e 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

O programa desenvolverase entre os meses de outubro e decembro deste ano no Centro Cívico Social de Xuvia e habilitaranse tres grupos dun máximo de dez persoas cada un. Os horarios serán, en función das quendas: luns de 10.30 a 12.00 horas; venres de 10.00 a 11.30 ou de 11.30 a 13.00.

«Trátase dunha proposta de balde e que ten entre os obxectivos que as persoas con enfermidades crónicas realicen exercicio físico para levar mellor os procesos das súas doenzas e alcancen así un maior benestar» explicaron os edís.

As prazas dispoñibles tramitaranse por rigorosa orde de inscrición e as persoas interesadas en obter máis información poden contactar co Servizo Sociocomunitario Municipal, a través do teléfono 981 337 700 (extensións: 1115, 1108 e 1109).

Lea también

Narón acoge en el CC Odeón la exposición de Roberto Marín, ‘Una mirada cofrade’

La plaza de Eventos del Centro Comercial Odeón ha inaugurado este viernes 11 la exposición …