Narón-Convenio de colaboración coa Confraría de Pescadores Santiago Apóstol de Barallobre

A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, asinou un convenio de colaboración con Jorge López, patrón maior da Confraría de Pescadores Santiago Apóstol de Barallobre, por importe de 15.000 euros.

Con cargo a esta partida, tal e como indicou a rexedora local, manterase o marco de colaboración que tiñan a administración local e a citada entidade, contribuíndo aos gastos de financiamento da mesma e apoiando o desenvolvemento sostible da súa actividade.

Unhas oitocentas familias están vencelladas laboralmente á Confraría de Pescadores Santiago Apóstol de Barallobre, tal e como indicaron dende o colectivo. Jorge López agradeceu a colaboración do Concello de Narón coa sinatura dun novo convenio a través do que tamén se promoverán algunhas actividades formativas e accións encamiñadas a mellorar as condicións da actividade pesqueira, establecer plans de produción e comercialización

Ferreiro destacou o labor que desenvolve a Confraría de Barallobre e interesouse ante o patrón maior sobre a situación actual da entidade, ofrecendo a colaboración do Concello na medida do posible, para impulsar ó sector en xeral e ás familias que traballan na citada confraría.

Lea también

A conferencia sobre saúde mental prevista para este sábado en Narón, adíase ó día 29

A conferencia da psicóloga Rita Touza, prevista inicialmente para este sábado 23, adíase ata o …