O concelleiro de Medio Ambiente, Santiago Galego, e o presidente da Asociación de Bombeiros de Narón, Luis García, presentaron unha nova campaña de sensibilización medioambiental que se levará a cabo este venres, día 10, pola ribeira do río Xuvia
As persoas interesadas en participar deberán acudir ás 17.00 horas ás inmediacións do parque infantil do paseo de Xuvia, de donde partirá o colectivo que traballará nesta campaña ata aproximadamente as 19.00 horas, tal e como indicou Galego.
O edil naronés explicou que se trata «dunha recollida de pequenos residuos na zona do paseo marítimo: pequenos plásticos, tapóns… para sensibilizar sobre os importantes danos e prexuízos que xeran ó medio ambiente». Así mesmo, apuntou que será preciso inscribirse (de balde), o propio día da actividade, na zona do parque infantil do paseo de Xuvia, donde haberá un espazo habilitado para tal fin.
O presidente da Asociación de Bombeiros de Narón asegurou que «nós tiñamos ganas de organizar unha actividade medioambiental e sendo un pouco continuistas coas campañas que organizou o Concello falamos sobre a posibilidade de realizar esta para continuar mantendo limpa a cidade en un entorno que consideramos o ideal por ser de especial protección e dos máis bonitos de Narón»
Galego avanzou que trala recollida, un equipo de profesionais especializados en educación medioambiental impartirá unha charla aos asistentes sobre os prexuízos deses residuos. O edil naronés agradeceu á Asociación de Bombeiros de Narón o seu interese en participar nesta convocatoria e convidou ás veciñas e veciños a acudir á mesma, independentemente da súa idade. Todas as persoas que se impliquen recibirán como agasallo un chaveiro realizado con plástico reciclado e co lema da campaña.