Unha unidade móbil da Axencia para a Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) permanecerá ó carón do novo Centro de Saúde o xoves 19 de agosto en horario de 9.30 a 14.30 horas e de 15.30 a 21.00 horas e o sábado 21 de agosto, nesa mesma ubicación, entre as 10.00 e as 15.00 horas
O venres, 20 de agosto, a unidade móbil situarase nas inmediacións da Praza da Constitución, na Solaina, entre as 15.30 e as 21.00 horas.
As persoas que acudan a doar poderán reservar cita previamente chamando –de balde- ó número de teléfono 900 100 828. Antes da doazón é preciso almorzar e no caso de xantar, deberán agardar dúas horas para realizar a extracción.
Antes de doar haberá que presentar ó persoal da unidade móbil a tarxeta de doazón, o DNI ou algún documento similar e informar no caso de que se estea tomando algún medicamento.
Poden acudir a doar as persoas maiores de 18 anos e que pesen máis de 50 quilos.