Narón-Reparto de bolsas reutilizables no servizo do comedor das Vivendas da Mariña

O Concello de Narón entregou bolsas reutilizables ás usuarias e usuarios do servizo de comedor do Centro municipal de atención ás persoas maiores das Vivendas da Mariña.

A concelleira de Benestar Social, Catalina García, desprazouse ao centro para facer entrega dos primeiros exemplares ás persoas que este mércores recolleron a súa comida nas citadas instalacións.

«Queremos contribuír e concienciar á cidadanía, neste caso a un colectivo específico, na importancia de utilizar este tipo de bolsas, que se poden reutilizar», asegurou a edil.

O menú para levar inclúe dous pratos, postre e pan e no caso de solicitalo todos os días da semana ten un prezo de 6,55 euros por día, se ben de facelo en xornadas soltas o prezo é de 7,15 euros. «É un servizo dirixido á cidadanía en xeral pero para o que teñen preferencia as persoas maiores e derivadas dos Servizos Sociais do Concello de Narón»  tal e como recalcou García, que informou que as persoas que desexen solicitalo deben anotarse chamando ao número de teléfono 671 383 596.

«Na actualidade preto dunha trintena de persoas fan uso a diario do citado servizo, que non se presta de xeito presencial debido á situación sanitaria pero que sí mantivo dende o inicio da pandemia, a excepción dunha semana, o servizo de entrega de comidas», segundo recordou García.

Sobre a opción de retomar o servizo de comedor no propio centro a concelleira asegurou que «a intención é retomalo o vindeiro mes de setembro, en horario de 13.00 a 15.00 horas, atendendo aos aforos que se permitan debido á situación sanitaria»

A concelleira naronesa apuntou que esta iniciativa se enmarca no Programa de Atención ás Persoas maiores impulsado a través do Concello.

Lea también

Narón súmase ao chamamento da Mancomunidade para un consumo responsable de auga

Os concellos da comarca manteñen dende xullo medidas de aforro, que continúan vixentes ante a …