Narón-Axenda cultural do 15 ó 18 de xullo 2021

Xoves 15 de xullo

Actividade: Cine de Verán
Hora: 22.30
Lugar: Praza do Colexio (Xuvia)

O ciclo de cine continúa esta semana coa proxección da película «Maimiño» O Concello organiza a convocatoria, con entrada de balde, através do Padroado da Cultura e coa colaboración da Deputación da
Coruña

Venres 16 de xullo

Actividade: Noites á Fresca: Budiño&Novoa
Hora: 22.00
Lugar: Inmediacións da magnolia de Xuvia

O Concello organiza esta convocatoria cun concerto do músico galego Xosé Manuel Budiño e do tamén músico galego Pablo Novoa, dous dos piares da música do país que presentarán en Narón un proxecto artístico conxunto, cada un coa súa propia obra. As entradas para acudir están esgotadas

Actividade: Cine de Verán
Hora: 22.30
Lugar: Praza de Galicia (Alto do Castiñeiro)

Nesta cuarta xornada de Cine de Verán proxectarase a película «Bruxerías». O Concello organiza a convocatoria, con entrada de balde, a través do Padroado da Cultura e coa colaboración da Deputación da Coruña.

Sábado 17 de xullo

Actividade: Espazo Verde
Hora: De 11.00 a 00.00
Lugar: Parque do Río Freixeiro

O Concello organiza este evento, un mercado de divulgación do comercio local no que se darán cita varios establecementos e cun espazo tamén para a artesanía, o ocio e a hostalería. Obradoiros de chapas e slime, exhibicións de artesanía e cestería, masterclass de zumba e ioga, exhibición de hip hop completarán este evento, con entrada de balde.

Actividade: XXX Festival Internacional de Folclore
Hora: 20.00
Lugar: Pazo da Cultura

O Padroado da Cultura organizou a trixésima edición do Festival Internacional de Folclore. Actuarán como anfitrións a Banda de Gaitas do Padroado da Cultura e a formación «Alxibeira», tamén de Narón, que estarán acompañados neste evento por «Raíces do Perú», de Perú; «Illa de Pascua-Inanga Rapa Nui», de Chile e «Ballet Jammu», de Senegal. As entradas están á venda no despacho de billetes do Pazo a un prezo de 2 euros para abonados e persoas con tarifa reducida e de 3 para o resto. Pódense adquirir de luns a venres, de 9.00 a 14.00 horas.

Actividade: Noites á Fresca: A Banda da Loba
Hora: 22.00
Lugar: Inmediacións da magnolia de Xuvia

As entradas para asistir a este concerto están tamén esgotadas. As cinco integrantes da formación A Banda da Loba presentarán na cidade o seu último traballo , de reflexión e homenaxe á idea de nai entendida nun sentido amplo.

Domingo 18 de xullo

Actividade: Espazo Verde
Hora: De 11.00 a 00.00
Lugar: Parque do Río Freixeiro

O Concello organiza este evento, un mercado de divulgación do comercio local no que se darán cita varios establecementos e cun espazo tamén para a artesanía, o ocio e a hostalería. Obradoiros de chapas e slime, exhibicións de artesanía e cestería, masterclass de zumba e ioga, exhibición de hip hop.. completarán este evento, con entrada de balde.

Actividade: «I Torneo de Billarda Cidade de Narón»
Hora: 11.00
Lugar: Paseo marítimo de Xuvia

O Concello organiza este evento en colaboración coa Federación Galega de Deportes Autóctonos para promocionar este deporte. Acudirán persoas de diferentes puntos de Galicia.

Actividade: Verde que te quero verde
Hora: 12.30 horas
Lugar: Rúa Francisco Pizarro (A Solaina)

A quinta edición deste ciclo cultural, con entrada de balde, continúa cosespectáculos de Lydia Botana e Mad Martin Trío. O Padroado da Culturade Narón organiza este evento, dirixido a público familiar e infantil.

 

Lea también

A conferencia sobre saúde mental prevista para este sábado en Narón, adíase ó día 29

A conferencia da psicóloga Rita Touza, prevista inicialmente para este sábado 23, adíase ata o …