Narón-O prazo de inscripción para o relatorio sobre «Os Produtos da colmea» remata este venres

As persoas que desexen asistir ó relatorio sobre “Os produtos da colmea” que se impartirá este sábado, día 10, na parroquia do Val –na explanada xunto ao local social- dispoñen de prazo ata este venres para poder inscribirse, de balde, a través do correo: terrarendible@gmail.com 

O Concello organiza a convocatoria en colaboración coa Asociación Terra Rendible.

O curso dará comezo ás 10.00 horas co relatorio “Os produtos da colmea”, a cargo de Isabel Goti e tras unha pausa das 11.30, sobre as 12.00 horas dará comezo o coloquio e ás 12.30 a cata de mel. A xornada rematará, segundo as previsións, ás 13.00 horas.

A convocatoria representa unha oportunidade para iniciarse no mundo da apicultura e, ao mesmo tempo, coñecer as posibilidades que ofrece o mundo rural a nivel de explotación dos recursos existentes e a diversificación.

Lea también

O Pazo da Cultura acolle a “XXXV Gala do Deporte de Narón”

O Pazo da Cultura de Narón acolle este venres 22 unha nova edición, a trixésimo …