O Concello levou a cabo nos últimos días varios actos con motivo do Día do Orgullo LGTBI, que se conmemora hoxe. Esta mesma mañá podíase ver no interior do Consistorio a bandeira multicor e
tamén se procedeu a instalar na avenida Cataluña, na Gándara, un contenedor de vidro coa bandeira de cores baixo o lema #OrgulloDeReciclarVidrio. A entidade sen ánimo de lucro Ecovidro, encargada da xestión da reciclaxe de residuos de envases de vidro en España, impulsou esta iniciativa xunto co Concello para promover a reciclaxe de envases de vidro durante a semana do Orgullo LGTBI. Ademais, a campaña é un símbolo da unión entre a sustentabilidade ambiental e grandes causas sociais e valores como a inclusión, a diversidade e a igualdade. A alcaldesa, Marián Ferreiro, e os edís responsables das áreas de Igualdade, Mar Gómez, Benestar Social, Catalina García, e Servizos, Ibán Santalla, participaron nas iniciativas impulsadas dende o Consistorio.
Co contenedor de vidro vinilado coa bandeira multicor instalado hoxe nun acto no que participou Germán Fernández, xerente de zona de Ecovidrio, o Concello de Narón afianza o seu compromiso coa reciclaxe de envases de vidro e a preservación da contorna, á vez que se suma a grandes causas sociais como o Orgullo, que se consolidou como unha das manifestacións globais con máis seguimento a favor dos dereitos humanos, a convivencia e a diversidade. Segundo os últimos datos relativos a 2020, os cidadáns de Narón reciclaron un total de 494 toneladas de envases de vidro, o que se traduce en 12,7 kg de media por habitante. Respecto a a taxa de contenerización, a localidade sitúase cunha media de 241 habitantes por contedor, contando na actualidade cun total de 162 iglús instalados para os residuos de envases de vidro.
Así mesmo, dende o pasado xoves e ata mañá a rotonda de Freixeiro permanece iluminada polas noites coas cores da bandeira conmemorativa do Orgullo LGTBI e tamén loce no acceso ao parking ubicado baixo o Concello a bandeira da campaña “Liberdade de ser e sentir” da Deputación da Coruña, á que tamén se adheriu o Concello para sensibilizar á poboación sobre a importancia da tolerancia e a igualdade das persoas independentemente da súa orientación sexual e identidade de xénero.
Así mesmo, en defensa desa igualdade entre as persoas, na sesión plenaria do pasado mércores saíu adiante unha declaración institucional con motivo da conmemoración, hoxe, do Día Internacional do Orgullo LGTBI, sumándose o Concello á celebración desa data e comprometéndose a seguir facendo de Narón unha cidade aberta e plenamente comprometida coa igualdade.