CCOO quere achegar o seu manifesto «pola diversidade na reivindicación, sempre necesaria, de poder ser como cada quen é» que se conmemora o día 28
«Este Día do Orgullo LGTBI+ de 2021 en que recuperamos as rúas respectando todas as medidas de seguridade, desde CCOO reiteramos as nosas propostas, recollidas na Plataforma reivindicativa de dereitos LGTBI+, e reclamamos con ela medidas que garantan a igualdade efectiva de toda a comunidade LGTBI+»
«Afrontamos o Día do Orgullo LGTBI+ deste 2021 coa esperanza de ver a saída da pandemia e recobrar certa normalidade, tras unha etapa moi dura e con especiais repercusións para as persoas LGTBI+ que, en ocasións, víronse dobremente illadas. Un horizonte de normalidade onde non pode caber a LGTBIfobia e onde cómpre recalcar que a igualdade efectiva, a dignidade e a liberdade individual son dereitos adquiridos e inamovibles para todas as persoas»
«Chamamos a toda a sociedade a respectar as diferenzas e a diversidade e a tecer alianzas para proclamar o noso lema: Orgullo de Ser. Un todo que suma»
«Este Orgullo 2021, organizado pola Federación Estatal de Lesbianas, Gais, Trans e Bisexuais (FELGTB), COGAM, Colectivo LGTB+ de Madrid e a Asociación de Empresas e Profesionais para o colectivo LGTBI de Madrid (AEGAL), celebrarase o vindeiro 3 de xullo cunha manifestación estatal en Madrid baixo o lema: «Os dereitos humanos non se negocian, lexíslanse: Lei Integral Trans Xa». Desde CCOO sumámonos tanto á celebración deste 28X Día Internacional do Orgullo LGTBI+ como á manifestación estatal coa nosa Plataforma reivindicativa de dereitos LGTBI+ e teimamos nalgunhas das principais medidas e posicións incluídas nela:»
«Aposta por incidir no ámbito do emprego con propostas que solucionen as problemáticas de emancipación e autonomía das persoas LGTBI+ en xeral e das persoas trans en particular»
«Presentou unha batería de propostas en materia laboral, entre elas, as seguintes: o fomento dos currículos cegos; a formación do persoal de oficinas de inserción laboral co obxectivo de ofrecer unha atención integral ás persoas LGTBI+; a negociación nos convenios colectivos de medidas que eliminen a discriminación laboral das persoas LGTBI+; a análise e a negociación, nas mesas de negociación correspondentes, de medidas concretas que faciliten o acceso ás persoas LGTBI+ especialmente vulnerables; espazos pechados nos vestiarios para garantir a intimidade das persoas, etc»
«Aposta, no ámbito da cooperación internacional, pola promoción de proxectos con organizacións LGTBI+ nas diferentes rexións do mundo para favorecer a defensa e o respecto aos dereitos humanos da poboación LGBTI+ cun alcance global»
«Aposta, no ámbito das Administracións públicas, por establecer coordinacións interdepartamentais, ademais de traballar no Consello de Participación das Persoas lesbianas, gais, trans, bisexuais e intersexuais, creado en xuño de 2020, e impulsar a coordinación de políticas LGTBI+»
«Pide a posta en marcha en todas as administracións dun servizo de atención a vítimas de violencia LGTBI+fóbica»
«Reclama a promoción dunha política municipalista con garantías de vivencia plena para persoas LGTBI+ en medios rurais, con espazos de inclusión que favorezan esa vivencia en comunidade, e que preserve especialmente a infancia e a adolescencia»
«Defende a despatoloxización das persoas trans e aposta polo camiño da liberdade, a vivencia plena e con dereitos integrais, os dereitos humanos e a saúde en toda a súa extensión»
«Aposta por garantir a atención sanitaria en igualdade de condicións en todo o Estado e desenvolver cantas medidas sexan necesarias para a adecuación profesional da atención ás persoas LGTBI+ en centros hospitalarios e de atención primaria»
«Reclama a eliminación e prohibición de calquera posibilidade de terapias de reconversión nos ámbitos estatal e autonómico»
«Avoga pola implementación de cantas medidas cumpran para a atención integral de persoas LGTBI+ de especial vulnerabilidade (solicitantes de asilo, persoas con diversidade funcional, intelectual, poboación xitana, racializadas…)»
«Aposta por axilizar a modificación e actualización dos rexistros administrativos»
«Propón, no eido da educación, medidas de prevención, actuación e intervención para a eliminación da LGTBI+fobia en todos os ámbitos educativos e contidos curriculares concretos para o coñecemento das diversidades en todas as etapas»
«Reclama a promoción das manifestacións culturais realizadas por creadoras e creadores LGTBI+ e a creación dun fondo que recolla a memoria histórica das achegas da poboación LGTBI+.
«A igualdade legal debe garantir a igualdade social. Desde CCOO animamos a cidadanía a participar no conxunto de accións reivindicativas que se desenvolvan con motivo deste Día do Orgullo LGTBI+ e proclamamos, unha vez máis, o noso Orgullo de Ser. Un todo que suma»