Valdoviño aproba en pleno a ordenanza reguladora de terrazas na hostalería

Tras o periodo de consultas públicas, o goberno municipal de Valdoviño levou a pleno a aprobación da ordenanza reguladora da instalación de terrazas no municipio. Un documento que a corporación respaldaba por unanimidade e que, como lembraba o alcalde, Alberto González, recolle as aportacións realizadas polo sector no encontro organizado polo Concello para explicar as súas liñas mestras.

Esas aportacións son, principalmente, eliminar a obrigatoriedade de renovar anualmente as licenzas para terrazas sitas en espazos privados, e a posibilidade de que os equipos de sonido e pantallas estén operativos en horario nocturno. O límite horario quedou establecido nas 22,30 horas en inverno e nas 23,30 horas na tempada estival.

A ordenanza virá a cubrir un baleiro na normativa municipal, regulando o réxime
xurídico ao que debe someterse a instalación de terrazas en terreos de uso público, e dará maior seguridade xurídica a estas.

A norma detalla o proceso de concesión de licenza, requisitos a cumprir, dereitos
e obrigas, ou actividades incluídas, entre outros aspectos. O seguinte paso será a súa publicación en boletín oficial para entrar na fase de exposición pública.

Lea también

Cariño conmemora el 25N con actividades varias

El Concello de Cariño conmemorará el 25N, Día Internacional para la Eliminación de la Violencia …