Narón-O edil de Medio Ambiente desprazouse ao Val con técnicos da Xunta con motivo da praga de moscas

O concelleiro de Medio Ambiente, Santiago Galego, desprazouse novamente na mañá deste venres á parroquia do Val para realizar con persoal técnico da Xunta un seguemento da praga de moscas rexistrada en varios lugares da parroquia do Val: Quintá, As Carballedas, Penela e Lobeiro, principalmente. O edil naronés explicou que, tal e como trasladaron, “a situación responde a un desequilibrio medioambiental cíclico xerado polo microclima desa zona, moi protexida polas montañas e preto do mar”.
Galego asegurou que continúa sen aparecer o foco emisor do problema “pero continuaremos traballando e en contacto permanente coas veciñas e veciños da zona co obxectivo de poder detectalo e procurar unha solución”. O concelleiro de Medio ambiente recordou á veciñanza que no caso de que se detecte algunha situación sospeitosa dese foco, como por exemplo a aparición repentina de moitos paxaros nunha zona concreta, se alerte á Policía Local.

Trátase dunha situación moi complicada para as veciñas e veciños da parroquia, que cada día teñen que afrontar limitacións como non poder abrir as fiestras debido a esta praga de moscas para a que confiamos en poder atopar o foco e, conxuntamente cos técnicos da Xunta, ofrecer canto antes unha solución”, recalcou.

Lea también

Buenos resultados del AD Náutico de Narón en el Cto de España de Triatlón Cross, Duatlón Cross y Acuatlón

Buena actuación de los deportistas del Tri Náutico de Narón desplazados a Calahorra (LA Rioja) …

Un comentario

  1. Resumiendo el sr concelleiro del excelentísimo concello vende humo dice que seguirán trabajando , en que ? esperemos que la xunta encuentre el problema