O BNG pide a xestión pública da piscina da Malata

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol considera necesario «revertir a política de externalización de servizos» que o Concello «leva desenvolvendo mandato tras mandato» e considera imprescindíbel que os orzamentos municipais «visualicen unha aposta clara pola recuperación para o público de servizos que até o de agora viñan prestandose a través de empresas privadas».

Iván Rivas, portavoz municipal do BNG, tras manter un encontro esta mañá con representantes da asociación de ximnasios da cidade, avanzou que este será un dos eixos de traballo que o BNG trasladará ao goberno local na negociación orzamentaria e entre as propostas que os nacionalistas porán enriba da mesa estará a xestión pública do complexo deportivo e a piscina da Malata, tal e como lles transmitiu aos representates deste colecivo.

Iván Rivas, portavoz municipal do BNG, afirma que a xestión pública e directa por parte do Concello destas instalacións é «unha proposta en firme do BNG, unha vez que o contrato desta instalación leva anos caducado e insta ao goberno local a desbotar a proposta de volver a privatizar esta infraestrutura deportiva«.

O BNG pedirá a inclusión nos orzamentos municipais dunha partida económica para facer fronte aos investimentos necesarios na piscina da Malata e asumir a xestión directa da instalación «rexeitando unha hipoteca de 40 anos a través dunha nova privatización«. Tomando como referencia a auditoría da instalación que elaborou o goberno municipal e que situaba en 1,3 millóns de euros os investimentos precisos para a adecuación das instalacións, «unha cantidade factible para ser asumida polo Concello, sobre todo se temos en conta que o plan de viabilidade presentado contempla unha aportación municipal de un millón de euros ademais dos abonos das persoas usuarias

Lembran que na cidade hai tres piscinas públicas, a de Caranza, «que está colapsada«, a de Batallóns, propiedade do Ministerio de Defensa e que fai uso dela de maneira exclusiva e esta da Malata que até o de agora estaba privatizada. Tendo en conta que en Ferrol hai unha alta demanda destas instalacións «non deberiamos deixar pasar a oportunidade para poder recuperala e adaptala as necesidades da cidade«. Así mesmo a xestión publica da mesma «permitiría adaptar e reducir os prezos dos abonos en función das posibilidades e das rendas dos veciños e veciñas de Ferrol, e desenvolver un proxecto deportivo dunhas instalacións públicas como estas colaborando coas entidades e colectivos deportivos da nosa cidade«.

Lea también

Detenido en Canido uno de los principales proveedores de droga a Ferrol, con 3,5 kilos de cocaina

La Policía Nacional detuvo a un hombre en Ferrol como presunto autor de un delito …

Un comentario

  1. Estos do bloque non sei en que andan enredados, a piscina da malata un exemplo de xestion, a piscina de caranza un verdadeiro desastre , cerrada cada dous por tres, e logo o descoñecemento do uso da que ten armada , esa tamen poden facer uso o resto dos cidadans coma xa se esta facendo, por certo se non se opuxeran a unha nova que se estaba proxectada no berton pois non habría tanta lista de espera, pero claro o sr Rivas a ver si lle dan unha en cánido pra el solo con aparcamento privado para o volvo