O BNG da a coñecer as súas propostas para mellorar a sanidade pública

Iván Rivas no acto diante do ambulatorio | BNG

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol desenvolveu esta mañá un reparto informativo coa participación do portavoz municipal, Iván Rivas, e do deputado, Mon Fernández, para dar a coñecer as súas propostas de cara a mellorar a sanidade pública e facer unha chamada á participación na mobilización convocada por SOS -Sanidade Pública mañá mércores 21 de abril, às 20 horas, diante do ambulatorio.

Iván Rivas, portavoz municipal do BNG, considera que «é preciso implementar medidas que nos fagan sair da actual situación para o que é preciso reforzar a sanidade pública e deixar de insistir nun proceso de privatización e adelgazamento dese servizo básico ao que temos todas dereito«.

Rivas indicou que a crise sanitaria da covid-19, como en tantos outros aspectos da nosa vida cotiá, deixou ao descuberto «as consecuencias de décadas de políticas de acoso e derribo da sanidade pública desenvolvidas tanto pola Xunta de Galiza como polo goberno do Estado«. A situación que vivimos ao longo destes meses «é produto da falla de recursos económicos que a administración estatal asigna aos galegos e galegas para xestionar unha sanidade descentralizada na xestión, pero ferreamente controlada e centralizada na súa dotación económica. Por outra parte é produto dunha xestión deses recursos económicos por parte da Xunta de Galiza orientados cara o adelgazamento da sanidade pública e a promocion da sanidade privada«.

En Ferrol «vivimos esta realidade dunha maneira máis crua, se cabe«. Evidenciouse na salvagarda «desa sanidade privada a cal non se lle derivou un só paciente con covid-19, ao longo da última vaga deste ano 2021″. Evidenciouse tamén na «carencia de recursos humanos e que pese a existir os espazos para poder desenvolver a atención a eses pacientes tiveron que ser derivados a outras áreas sanitarias como a de Lugo e Pontevedra produto de non contarmos cos medios e os recursos humanos para poder atendelos e se evidenciou en que existen, a día de hoxe, listas de espera de semanas para conquerir unha cita, situacións provocadas polo peche de centros de atención primaria ao longo dos últimos anos, como o exemplo do consultorio da Graña pechado no mandato do PP nesta cidade«.

Iván Rivas afirmou que en Ferrol e nesta comarca o obxectivo pasa «por dotar e mellorar a atención primaria, reabrindo os consultorios pechados como o da Graña, pasa por mellorar o cadro de persoal dotandoo dos recursos humanos que permitan poñer a funcionar areas hoxe clausuradas como as que existen no Hospital Naval. Pasa por acometer dunha vez os investimentos durante tanto tempo demandados para a renovación do complexo hospitalario da cidade e pasa por desenvolver un plan de choque para a reactivación das intervencións quirúrxicas, das probas e das consultas presenciais«.

Para o BNG se algo «debemos ter aprendido» do que ten acontecido ao longo do último ano é que a sanidade pública «é un dos nosos piares como sociedade e o obxectivo pasa por reforzala, mellorala e consolidala para o futuro. Por iso facemos unha chamada a secundar a mobilización convocada mañá na nosa cidade pola plataforma SOS-Sanidade Pública«.

Lea también

Detenido en Canido uno de los principales proveedores de droga a Ferrol, con 3,5 kilos de cocaina

La Policía Nacional detuvo a un hombre en Ferrol como presunto autor de un delito …