O BNG lamenta que o goberno local aposte para a conservación de viais por un «modelo ineficaz»

Iván Rivas e María do Mar López en rolda de prensa antes da pandemia | Adán Puentes

O Bloque Nacionalista Galego considera que o modelo escollido polo goberno local para acometer o mantemento e conservación de viais no Concello «é o mesmo dos últimos anos, un modelo que e se algo ten demostrado é a súa ineficacia tanto pola modalidade escollida como polos medios necesarios para poder desenvolvelo«.

O BNG sinala que os importes anuais recollidos nos pregos deste contrato son similares aos de anualidades anteriores «que xa se teñen demostrado que non cubre as necesidades da cidade, en cada anualidade, tendo que recurrir a incrementar o importe que se lle dera à empresa concesionaria«.

O BNG insiste na necesidade de que o goberno «deixe de reproducir as malas prácticas desenvolvidas en mandatos anteriores, tanto co Partido Popular como con Ferrol en Común«. O BNG considera que o mellor sería que o Concello prestará servizos como este «asumindo a súa xestión de xeito directo, con persoal e medios propios«. Isto redundaría «nunha xestión máis eficaz e máis rendible economicamente do servizo, sen facer depender o estado das rúas da cidade dunha empresa externa que cando remata os cartos paraliza os traballos de mantemento e conservación

Lea también

Detenido en Canido uno de los principales proveedores de droga a Ferrol, con 3,5 kilos de cocaina

La Policía Nacional detuvo a un hombre en Ferrol como presunto autor de un delito …