Narón-Este sábado IbuprofenoTeatro presenta no Pazo a obra“O mel non caduca”

O Pazo da Cultura acolle este sábado a actuación da compañía Ibuprofeno Teatro . Con motivo das actuais indicacións sanitarias, o aforo actual do Pazo da Cultura está limitado a 250 persoas, tal e como indicou o concelleiro de Cultura, Guillermo Sánchez Fojo, polo que aínda quedan dispoñibles algunhas entradas tanto para a obra teatral “O mel non caduca”, de Ibuprofeno Teatro.

Na xornada deste sábado a compañía Ibuprofeno Teatro, ás 20.00 horas representará a obra “O mel non caduca”, unha traxicomedia biodegradable e ecosostible sobre a obsolescencia programada da relación do ser humano cos obxectos e da degradación ecolóxica do planeta por mor da perversa lóxica capitalista, do crecemento e do consumo masivo de produtos.
As entradas para esta proposta cultural no Pazo teñen un prezo de 9,50 euros para o público xeral e de 6,65 para abonados, desempregados/as e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos).

Lea también

El Club de Baile Deportivo Narón realiza una exhibición en la Plaza de Eventos de Odeón este sábado

El Club de Baile Deportivo Narón junto a la Escuela de Baile Tedaga, realizarán este …