Narón-O Concello convoca un obradoiro de sushi e algas que se impartirá no Centro Cívico do Val

O concelleiro de Promoción Económica, David Pita, anunciou a apertura do prazo de inscrición nun obradoiro de sushi e algas que se celebrará os días 12 e 13 de decembro, de 10.00 a 14.00 horas no Centro Cívico Social do Val. As prazas están limitadas debido á situación sanitaria e as persoas interesadas poden anotarse ata o vindeiro día 10 a través do correo electrónico: promocioneconomica@naron.es, donde deben indicar o nome e apelidos e un teléfono de contacto.

O Concello organiza a convocatoria en colaboración coa Asociación de Veciños “Os Irmandiños”, do Val, a Asociación Agroforestal Terra Rendible e a Confraría de Mariscadores de Barallobre. Ademais, a actividade conta co patrocinio do Grupo de Acción Local Pesqueira Golfo Ártabro, a Consellería do Mar e o Fondo Europeo Marítimo e da Pesca.

O edil naronés animou ás veciñas e veciños a anotarse neste obradoiro, que se desenvolverá cumprindo todas as indicacións sanitarias de prevención da Covid-19

Lea también

A Asociación Cultural Vai Rañala Meu! organiza un obradoiro de toque de pandeireta

A Xornada terá lugar este domingo 13 no Centro Cívico Social de Sedes e será …