O Concello de Narón presentou no Pazo da Cultura o “Plan de Igualdade Coeducativo”

As concelleiras de Ensino e Igualdade, Mercedes Taibo e Mar Gómez, respectivamente, presentaroneste venres no Café Teatro do Pazo da Cultura o “Plan de Igualdade Coeducativo do Concello de Narón” xunto con persoal que traballou no documento.

Directoras e directores de centros de ensino da cidade acudiron á convocatoria, na que se explicou polo miúdo o documento, desenvolvido por persoal do Servizo
Sociocomunitario municipal e no que participaron os centros de ensino da cidade.

Inicialmente Taibo e Gómez agradeceron a asistencia ao acto de tódolos presentes e tamén o labor desenvolvido polo persoal que traballou neste documento.
“Gustaríanos poder convidar ás Anpas, alumnado, representantes dos Consellos Escolares, pero dada a situación sanitaria non é recomendable”, explicou Taibo. A edil indicou que o Plan presentado hoxe “pretende ser un documento de traballo no que se establecen actuacións dirixidas a mellorar as situacións de desigualdade no ámbito escolar, encamiñadas a lograr a igualdade real e efectiva entre mulleres e homes”.
Así mesmo, recalcou que a necesidade dun Plan de igualdade nos centros escolares “xustifícase porque a pesar dos progresos neste ámbito faise necesario continuar traballando neste sentido porque queda moito camiño por percorrer”.

No transcurso da xuntanza explicouse a estructura e os eixos do Plan de Igualdade Coeducativo, podendo as directoras e directores formular as cuestións que consideraron oportunas. A imaxe do Plan representa a diversidade e a igualdade e para a recollida de datos utilizáronse enquisas en liña e tamén se fixeron grupos de debate. Deses datos obtivéronse unha serie de conclusións que permitirán levar a cabo medidas e accións para desenvolver a través do Plan de igualdade intercentros de ensino do Concello de Narón.

En total contémplanse seis eixos: centros educativos, linguaxe inclusiva, familia, LGTBIQ+, Bibliotecas e Patios e comedores educativos establecéndose para cada un deles uns obxectivos específicos a acadar durante a vixencia do plan, ata o ano 2023.
O Plan remata cun glosario e uns modelos de fichas que poderán cumplimentar nos centros e cunha recompilación do material didáctico e de consulta editado polo Concello de Narón.

A convocatoria deste venres enmárcase no programa de actos deseñado polo Concello para conmemorar o 25N, Día Internacional contra a violencia de xénero.

Lea también

Narón acoge en el CC Odeón la exposición de Roberto Marín, ‘Una mirada cofrade’

La plaza de Eventos del Centro Comercial Odeón ha inaugurado este viernes 11 la exposición …