Narón-Reunión para coordinar a aplicación das novas medidas anti Covid-19 no complexo Polideportivo da Gándara

A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, presidiu na mañá deste venres unha reunión de coordinación para a aplicación das novas medidas restrictivas ao protocolo do Complexo Polideportivo Municipal da Gándara, na que tamén estiveron presentes os edís responsables do Speis e Deportes, Román Romero e José Oreona, respectivamente, persoal do Speis e tamén do polideportivo da Gándara. No transcurso da xuntanza concretáronse as medidas que se levarán a cabo para acollerse á normativa que entra en vigor na madrugada deste sábado, ás 00.00 horas.

A alcaldesa indicou que se manteñen as sesións de nado libre, ben con cita previa, chamando ao teléfono 981 387 522, ou sen cita condicionadas a que nese momento o aforo o permita, cuestión que indicará o persoal do Complexo Polideportivo da Gándara. En canto aos cursos de natación Ferreiro avanzou que se suspenderán esta fin de semana, tal e como se comunicou ás persoas que acuden, á espera de que persoal da Consellería de Sanidade resposte ás cuestións que se plantexaron dende o Concello sobre esas actividades. “Debido a que tentamos, sen éxito, solventar certas cuestións, preferimos por prevención suspender tanto os cursos de natación, que se
retomarán en canto nos informen sobre as preguntas formuladas e así se
comunicará oportunamente”, recalcou.

A rexedora local recordou que o resto de medidas preventivas para evitar a propagación da Covid-19, como o uso de máscara, mantemento de distancia de seguridade interpersoal, hixienización de mans… continúan vixentes, ao igual que as de aforo, entre outras debidamente recollidas no protocolo e anunciadas nas propias instalacións municipais.

Lea también

Narón acolle a I Feira de Literatura e Arte

O pavillón da Mocidade, na Gándara, acolle esta fin de semana, o venres 29 e …