Narón-O Padroado da Cultura apraza as dúas representacións teatrais programadas para esta fin de semana

O Padroado da Cultura de Narón anuncia o aprazamento das dúas representacións teatrais previstas para esta fin de semana no Pazo da Cultura con motivo das novas medidas decretadas pola Xunta esta mesma mañá, encamiñadas a frear a propagación da Covid-19. A programación contemplaba a representación este sábado da comedia “O mozo da última fila”, ás 20.00 horas, da compañía Redrum Teatro e na xornada do domingo, “Xurásico perdido”, ás 18.00 horas, de Títeres Cachirulo.

Estas dúas propostas culturais retomaranse coa programación do primeiro semestre do vindeiro ano no Pazo da Cultura, tal e como se acordou, polo que se anunciarán as novas datas cando sexa posible.

En canto ás entradas para estes dous espectáculos xa se pode solicitar a devolución do importe das mesmas, que se procederá a abonar a través do mesmo método de pago co que se adquiriron.

O desenvolvemento do resto da programación do Padroado da Cultura para este ano mantense polo momento pero quedando condicionado o seu desenvolvemento ás posibles medidas que se decreten en función da situación sanitaria.

Lea también

Narón acoge en el CC Odeón la exposición de Roberto Marín, ‘Una mirada cofrade’

La plaza de Eventos del Centro Comercial Odeón ha inaugurado este viernes 11 la exposición …