O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol ven de rexistrar unha moción que será debatida no pleno de fin de mes na que piden o apoio da corporación municipal às reivindicacións do cadro de persoal da empresa que se encarga do servizo de mantemento de parques e xardíns e «avoga por desenvolver o proceso de remunicipalización deste servizo«.
O BNG presentou esta iniciativa, logo de escoitar as demandas dos traballadores e traballadoras desta empresa que na actualidade presta servizo ao Concello de Ferrol sen contrato e na súa iniciativa insta ao Goberno Municipal a «demandar da empresa que actualmente presta o servizo de mantemento de parques e xardíns a asinar un novo acordo laboral cos traballadores que recolla as demandas e melloras pactadas entre os traballadores e a empresa. Tamén a mellora das deficientes condicións nas que se atopan as instalacións nas que se teñen que cambiar o material que empregan para desenvolver a súa actividade«.
O BNG sinala que os impedimentos que lles pon a empresa para actualizar os acordos laborais e económicos co cadro de persoal «baseanse nunha negativa do goberno municipal polo estado no que se atopa a relación contractual co Concello e as previsións dun novo prego de condicións que servirá de base para unha nova contratación deste servizo«. Estase a falar «do impedimento para actualizar a cantidade económica que perciben en concepto do plus de perigosidade ao que poden acceder estes traballadores, unha revisión salarial das súas nóminas, a creación dunha bolsa de emprego ou as gratificacións por permanencia no caso de querer abandonar à empresa«.
O BNG considera preciso, asi mesmo, «reverter a dinámica implantada ao longo dos últimos anos consistente en contratar externamente servizos municipais que se poderían prestar directamente por persoal municipal e que ademais se demostra que cada vez nos están a custarmáis diñeiro e está a supoñer unha precarización destes servizos tal e como acontece co mantemento de zonas verdes, co lixo ou tantos outros«.
Por este motivo desde o BNG propon «que se garantan unhas condicións laborais dignas para os traballadores e a prestación deste servizo municipal sen intermediarios xa que a xestión directa do mesmo redundará na mellor prestación deste servizo e que na actualidade carece de contrato.»
Venga… más funcionarios. Que como todos sabemos, son el epítome de la laboriosidad y eficiencoa. Sobre todo, en un momento en el que corremos desbocados a un paro zapateril del 20%
En fin. Los benegueiros a los suyo: la teta del estado y a mamar.
Si la empresa de jardines no tiene contrato o no se cumplen las condiciones… quizá haya que despedir a alguien en el concello, particularmente a la persona que debería encargarse de estas cosas. Porque alguien tendrá esa responsabilidad, no? ¿o como es funcionario o cargo no se le puede despedir aunque no haga su trabajo?
Para remunicipalizar estamos!