O BNG de Narón denuncia a contaminación da ría, a situación do patrimonio e insta ás administracións a poñer solucións

O BNG de Narón realizou unha acción en diferentes zonas do Concello de Narón que contou coa participación de ADEGA e onde decenas de persoas colocáronse en grupos para poder limpar a beira da ría ao seu paso polo concello e denunciar o estado de abandono do patrimonio nunha zona que conta co camiño de Santiago e o de San André de Teixido. 

O deputado no parlamento galego,  Mon Fernández, e os concelleiros Geno Carballeira e Olaia Ledo fixeron desde primeira hora da mañá  deste domingo a ruta dos muíños e  comprobaron in situ a situación na que se atopan estes espazos naturais. Ao chegar á zona do paseo de Xuvia decenas de cidadans estaban limpando a contorna da ría sacando plásticos de todo tipo e voluminosos como un carriño de bebé e puxeron o acento na abundancia de especies exóticas invasoras (desde gansos do Nilo a plumeiros da pampa) que deberían non estar nese ecosistema mixtos de río e mar.

Denuncia o BNG, desta maneira, o estado de deterioro das rutas de sendeirismo que o goberno municipal inaugurou no 2019 e avisan de que presentarán iniciativas no concello, parlamento e no congreso a situación da costa e deterioro do Muíño das Aceas e diverso patrimonio. “Non podemos permitir que a nosa contorna caia ante os nosos ollos, en Narón temos unha historia e un patrimonio que non poden ficar no pasado polo que temos que poñelo en valor e aproveitar tamén os recursos que nos ofrece o medio para crear emprego e tamén alternativas de ocio e deportivas en consonancia co medio” declarou Olaia Ledo, voceira municipal.

Mon Fernández declarou que “comezaremos polo concello de Narón como administración máis próxima e porque entendemos que debe ser a principal interesada debendo liderar un plan de recuperación de todo isto” Ademais anunciou que“presentaremos desde o BNG diferentes iniciativas no parlamento galego ao respecto”

Lea también

Música, maxia, xogos populares e degustación de callos e bolos preñados para celebrar o Día de Narón

  A Praza 23 de Novembro acollerá este sábado os actos do programa co que …