Neda conmemorará un ano máis o Día Mundial contra o Cancro de Mama.

O Concello de Neda conmemorará un ano máis da man da Asociación Española contra o Cancro (AECC) o Día Mundial contra o Cancro de Mama. Así, o balcón da casa consistorial xa loce dende este venres a pancarta en sinal de apoio e compromiso na loita contra o cancro de mama.

Ademais, o vindeiro luns, 19 de outubro, Día Mundial, a AECC traerá ao municipio
os seus puntos de información. Estarán na contorna da Casa das Palmeiras e do
Eroski en horario de 11 a 13 horas. Alí, informarán á cidadanía sobre esta doenza e
o labor que a asociación realiza no seu día a día, e a veciñanza poderá contribuir a
esa actividade mercando material solidario rosa, como mascarillas.

Accións todas elas coas que dar visibilidade ao cancro de mama, o tumor máis
frecuente entre as mulleres, xa que se estima que ao longo da súa vida 1 de cada 8
sufrirán esta doenza.

Lea también

Herido un camionero tras caer su vehículo por un terraplén de unos 30 metros en Cabanas (A Coruña)

Un camionero ha resultado herido en la mañana de este jueves tras caer el vehículo …