A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, presentou, acompañada da concelleira de Bibliotecas, Mercedes Taibo, os actos cos que se conmemorará o Día das Bibliotecas o sábado 24 de outubro e que se desenvolverán na Praza de Galicia durante toda a xornada, de 11.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 20.00 horas no interior dunha carpa coas medidas de prevención e seguridade seguindo a normativa sanitaria vixente.Ferreiro incidiu en que a Biblioteca municipal mantén o obxectivo de achegar
ese servizo público á cidadanía para que sexa coñecido e desfrutado por todas
e todos como un instrumento cultural de mellora da formación e a convivencia.
O programa de accións a desenvolver dividirase en varios bloques:
–Difusión de información coa exposición de diversos materiais como fotografías,
videos informativos ou códigos QR que leven ás diferentes sección da páxina
web da Biblioteca municipal
–Dinamización activa a través de Contacontos en dúas sesións, ás 11.30 horas
´Montes no camiño´ para público infantil, a cargo de Teatro Ghazafelhos, e ás 13.00 horas ´Corochas` para bebés, a cargo de Atenea García.
Pola tarde retomarase a programación a partir das 17 horas cun Obradoiro creativo de ilustración ás 17.00 horas a cargo de Leandro Lamas e a música en directo ás 18.30 horas co Concerto de Charo Pita.
Taibo recordou que é necesaria unha inscripción previa nas actividades. As persoas interesadas en reservar a súa praza poden facelo a partir do luns 19 de outubro ás 9.30 horas de maneira presencial na propia biblioteca ou chamando ao teléfono 981 38 21 73 en horario de apertura.