No Pazo da Cultura de Narón, este finde con «Los secretos», comedia e musical

O Pazo da Cultura de Narón acollerá esta fin de semana tres espectáculos dirixidos a público familiar e infantil.

O venres

A programación prevista para os vindeiros días comezará o venres, día 9, co concerto de «Los Secretos», unha banda musical con 14 discos no mercado e que forma parte do panorama musical do país dende hai corenta anos. Algúns dos seus grandes éxitos dos 80 e 90 soarán no Pazo da Cultura xunto con outros temas que ampliaron o seu repertorio durante todos estes anos. As entradas para este concerto están actualmente esgotadas.

O sábado

O sábado día 10 será o turno do teatro, nesta ocasión dunha comedia a cargo da compañía Producións Teatrais Excéntricas que pon en escea “Medida x Medida de Shakespeare”.

A representación comezará ás 20.00 horas no Pazo e Quico Cadaval é o director deste traballo, ambientado nunha Viena surrealista inventada por Shakespeare e protagonizada polo Duque Vicenzo, que ordena aplicar rigorosamente unha lei contra os comportamentos inmorais. As entradas teñen un prezo de 9,50 euros para o público xeral e de 6,65 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos).

O domingo

Finalmente, este domingo día 11 desprazarase ao Pazo a compañía Sesnarmiga SL, que traerá o espectáculo “Rock en Familia. Descubriendo a Queen”. A partir das 18.00 horas o público poderá gozar deste espectáculo de música en directo, descubrindo cancións dos artistas máis relevantes da historia do rock. Nesta ocasión descubrirase a Queen. As entradas teñen un prezo para o público xeral de 9,50 euros; de 6,65 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante (Ata 25 anos) e de 5,50 para menores de 14 anos.

Lea también

109 participantes acuden ó XIX Torneo Cidade de Narón de Tiro con Arco

O pavillón polideportivo municipal da Gándara acolle este sábado 23, a décimo novena edición do …