O BNG esixe ao goberno que «resolva as bonificacións do auga as veciñas que o solicitaron»

Iván Rivas e María do Mar López en rolda de prensa antes da pandemia | Adán Puentes

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol esixe ao Goberno local que proceda, de xeito imediato, a resolver a concesión de bonificacións das ordenanzas fiscais as veciñas que o teñen solicitado no mes de xaneiro «e que se lles aplique esta bonificación con carácter retroactivo«.

O BNG considera «inxustificábel» a situación na que se atopan moitos veciños e veciñas de Ferrol diante do retraso acumulado nestas tramitacións nomeadamente nas taxas que afectan ao recibo de auga e os seus derivados (saneamento, etc) «o que provoca que teñan que seguir facendo fronte a facturas elevadas por estes servizos«.

Desde inicios de ano se atopa paralizada a concesión destas bonificacións pero, ao contrario do que acontece co tratamento destas solicitudes, «o goberno está a emitir puntualmente os recibos de lixo, auga, saneamento que recaudan as empresas privadas que xestionan estes servizos na cidade, así como recibos estimados para o cobro do abastecemento de auga, saneamento e depuración moi por riba do consumo real«.

Estes recibos supoñen «centos de euros ao mes que son inasumíbeis para unha parte substancial da poboación que ve como diante da estreita marxe que teñen para poder acceder a estas bonificacións as súas solicitudes non son atendidas«. Este comportamento demostra que «contamos cun goberno local que prioriza sanear as contas das empresas a atender as necesidades máis básicas da cidadanía«.

Hai que ter en conta ademáis que estas bonificacións non teñen carácter retroactivo e que por tanto ao goberno local «está a prexudicar gravemente as solicitantes canto máis tarde en resolvelas sen que por parte do PSOE se asuma ningún tipo de responsabilidade, nin se habilite ningún mecanismo de compensación que desde o BNG consideramos que é obrigado e pasa por aplicar a estas bonificacións o caracter retroactivo«.

«Estamos a rematar o mes de setembro e o goberno local continua sen resolver as bonificacións que deberían estar concedidas ao inicio do ano. Esto significa que ademais do saltarse os prazos legais que ten para resolver está a perxudicar gravemente as veciñas que no mellor dos casos verían bonificados os recibos de outubro, novembro e decembro cando teñen dereito á bonificación dos 12 meses para grande beneficio das empresas que xestionan estes servizos«, afirman dende o BNG.

Lea también

Detenido en Canido uno de los principales proveedores de droga a Ferrol, con 3,5 kilos de cocaina

La Policía Nacional detuvo a un hombre en Ferrol como presunto autor de un delito …