O bailador e coreógrafo Quique Peón dirixirá o Grupo Alxibeira, do Padroado da Cultura de Narón

Fot. arch

 O prestixioso bailador e coreógrafo Quique Peón (A Coruña, 1963) será durante esta tempada, o director do Grupo de Baile Tradicional Alxibeira, do Padroado da Cultura de Narón. Así o anunciou a alcaldesa e presidenta do Padroado da Cultura, Marián Ferreiro, que destacou a traxectoria profesional de Peón e o seu labor como investigador, intérprete e e docente do baile e a música tradicionais galegos.

“Grazas ao labor de profesionais como Quique Peón, co que teremos a gran oportunidade de contar este ano en Alxibeira, recuperáronse centos de pezas de música e danza tradicional e tamén traxes, instrumentos e costumes que se continúan conservando e divulgando como un importante legado da nosa identidade e do noso patrimonio cultural”, asegurou Ferreiro.

Quique Peón conta cunha dilatada carreira profesional centrada na investigación etnográfica e gañou innumerables premios a nivel nacional e internacional. Dende o ano 1982 dirixiu o Grupo de Música e Baile Tradicional Xacarandaina, da Coruña.

Lea también

La academia de Baile All Dance Studio actúa este sábado 31 en Narón

El Centro Comercial Odeón acoge este sábado por la tarde la exhibición de la escuela …