En Narón, corte ao tráfico rodado do Camiño do Lodairo e a rúa Bergantiños a partir deste xoves

O edil de Seguridade Cidadá do Concello de Narón, Román Romero, anunciou o corte ao tráfico rodado, a partir deste xoves ás 8.00 horas, do Camiño do Lodairo e da rúa Bergantiños.

A medida responde, tal e como explicou, ao avance na execución dos traballos de reforzo da rede de saneamento nun tramo da estrada de Castela, concretamente o comprendido entre o Camiño do Pino e o parque de Freixeiro.

Romero indicou que a previsión da empresa que realiza as obras é reabrir de novo ao tráfico rodado a última hora deste xoves o Camiño do Lodairo, se ben a rúa Bergantiños permanecerá cortada unha semana, debido ás actuacións que se levarán a cabo.

O edil naronés solicitou de antemán desculpas polas molestias que poida ocasionar esta medida, necesaria para poder executar uns traballos moi necesarios na zona.

Lea también

En Narón, se registraron dos accidentes coche-moto en la tarde de este domingo, a la misma hora

Dos accidentes de tráfico se han registrado pasadas las siete de la tarde de este …