Presentada no Concello a II Bandeira de Traiñeiras ´Cidade de Narón´, evento deportivo enmarcado na LGT

Presentación da II Bandeira Cidade de Narón | Concello de Narón

O edil de Deportes, José Oreona Bra, o presidente do Club de Remo Narón, Martin Martínez Pérez, e o secretario do club, Borja Díaz Díaz, presentaron esta mañá no Concello a II Bandeira de Traiñeiras `Cidade de Narón´.

Na cita deportiva competirán 6 equipos de traiñeiras da Liga B: o equipo da traiñeira do Club de Remo de Narón, como anfitrións, e as de Chapela, Castropol, Perille, Cesantes e Puebla. A regata está prevista que dé comezo ás 17.00 horas do día 1 de agosto na enseada da Gándara e ten unha especial relevancia pola calidade de todos os equipos participantes que rivalizan deportivamente na consecución dos primeiros postos no pódium e polo grande interese que suscita a participación do equipo do Club de Remo naronés neste que é o seu primeiro ano nesta Liga Galega de Traiñeiras e que amosan unha grande ilusión por un proxecto deportivo que estiman xa a longo prazo.

Os representantes do Club de Remo Narón agradeceron o compromiso do Concello e o apoio recibido para poder organizar esta regata, imprescindible para participar na Liga Galega, posibilitando a realización desta actividade deportiva na que están a traballar con esforzo e moita ilusión.

O concelleiro de Deportes, José Oreona, expresou a satisfacción do Concello pola implicación de todo o equipo, deportistas, técnicos e directiva do Club de Remo Narón promovendo o deporte e hábitos saudables entre a cidadanía, con especial atención á mocidade e por levar o nome do Concello de Narón nesta andadura deportiva. Oreona animou á cidadanía de Narón e comarca a presenciar este evento deportivo que de seguro acadará grandes momentos.

Lea también

La academia de Baile All Dance Studio actúa este sábado 31 en Narón

El Centro Comercial Odeón acoge este sábado por la tarde la exhibición de la escuela …