O edil de Servizos de Narón, Ibán Santalla, informou sobre o aviso remitido ao Concello pola empresa Grupo Naturgy de interrupcións no subministro eléctrico que terá lugar o vindeiro xoves, día 23, entre as 8.00 e as 13.00 horas en instalacións de varios puntos da cidade. A empresa indicou que as zonas que se verán afectadas se corresponden con lugares da parroquia de San Mateo: Calliqueira, Fontela e Vilar.
A medida establecida pola empresa subministradora responde á necesidade de realizar tarefas de mantemento e desenvolvemento da rede eléctrica “precisos para poder atender nas mellores condicións as necesidades de subministro da zona”, tal e como indicaron.
Dende a empresa solicítanse de antemán desculpas polas molestias que poida ocasionar o corte no subministro.