O Concello de Narón organiza unha nova edición de “Noite no mosteiro” no Couto

A concelleira de Turismo do Concello de Narón, Natalia Hermida, anunciou a celebración, o vindeiro sábado 18 de xullo, dunha nova edición da proposta “Noite no mosteiro”.

O cenobio de San Martiño de Xuvia, no Couto, iluminarase no exterior cunha creación artística de varias cores, de 22.30 a 01.00 horas, ambientando un dos edificios relixiosos máis recoñecidos na cidade, declarado Ben de Interese Cultural (BIC) e ubicado nun tramo do Camiño Inglés e o Camiño de San Andrés. A maiores, nese mesmo horario, tal e como indicou Hermida, haberá un concerto de acompañamento tamén no exterior do mosteiro (na zona traseira dos ábsides) do grupo de música clásica “The Duelist”, de violín e chelo.

“O concerto constará de tres pases de aproximadamente vinte minutos de duración cada un deles, cunha pausa de dez minutos entre os tres, e será obrigatorio acudir con máscara, dando así cumprimento ás recomendacións sanitarias pola crise da Covid-19”, explicou a edil naronesa. O acceso á zona estará permitido a partir das 22.00 horas e haberá un protocolo coa sinalización correspondente adaptado ás circunstancias actuais.

Hermida agradeceu a colaboración da parroquia de San Martiño de Xuvia, por ceder as instalacións para realizar un ano máis este evento, e animou á veciñanza de Narón e doutros concellos a acudir a esta cita, unha das clásicas na tempada estival da cidade e que se retoma con todas as garantías, para o que se require a colaboración de todas as persoas que asistan e que de antemán agradeceu a concelleira de Turismo. “O noso obxectivo e seguir facendo programas ou eventos con protocolos viables para ofrecer alternativas de ocio, promocionar os marabillosos recursos turísticos que ten o Concello de Narón e, dalgún modo, impulsar tamén ás empresas do sector”, asegurou Hermida

Lea también

Narón acoge en el CC Odeón la exposición de Roberto Marín, ‘Una mirada cofrade’

La plaza de Eventos del Centro Comercial Odeón ha inaugurado este viernes 11 la exposición …