Ramón Fernández “Mon” (BNG) afirma que é preciso avanzar no Complexo Integral da Construción Naval e na creación dun Centro Tecnolóxico

O candidato pola comarca na candidatura do BNG da Coruña, Ramón Fernández Alfonzo, «Món«, afirmou este martes desde o muelle de Perlío en Fene, que non hai outro sector industrial que poida garantir os volumes de emprego, diversificación, de capacidade exportadora, así como de nível tecnolóxico, como o poida facer o sector naval.

Na súa intervención fixo fincapé na potencialidade das infraestruturas de Navantia Ferrol-Fene, onde con 1.800.000m2 e con 6.400 m de peiraos de propiedade pública, fixeron que no seu dia deran traballo a 15.000 persoas. “Estas son as dimensións da potencialidade da construción naval na comarca de Ferrol, mais ainda así o futuro pinta negro” –afirmou.

Alfonzo sinalou que, sen querer facer comparacións, nen co ánimo de desprezar a eólica mariña, ou calquer outra carga de traballo que veña para os estaleiros. É preciso dicir que ocupación en Navantia-Fene a semana pasada na eólica mariña,  non chegaba ás 500 persoas, mentres que, a ocupación nun dos barcos que había en Navantia-Ferrol estaba en 600 (BPEs australliano), e eso sendo xa nas últimas fases de construción e mesmo coas restricíons e limitacións de aforos impostos pola COVID19.

È preciso tamén reivindicar a importancia da fábrica de Turbinas de Navantia, unha división con moita experiencia na construción e mantemento de turbinas para a xeración de enrxías renovábeis. É pois, o momento de facer unha aposta estratéxica e decidida por esta division desde a perspectiva da innovación.

O candidato rematou dicindo que hai momentos en que debemos preguntarnos se imos polo bo camiño, é preciso parar para reflexionar e mirar se nesta comarca estamos por reorientar a brúxula ou continuar no mesmo camiño. Pois ben, esa resposta debe ir dacordo co que fagamos o vindeiro 12 de xullo. “Non podemos deixarnos enganar nin permitir que nos rouben o noso futuro”, dixo.

Lea también

Detenido en Canido uno de los principales proveedores de droga a Ferrol, con 3,5 kilos de cocaina

La Policía Nacional detuvo a un hombre en Ferrol como presunto autor de un delito …

Un comentario

  1. ¿En serio?????????????

    30 años de desastre, de desempleo, de mentiras, de ruina, de monocultivo, de promesas incumplidas….. ¿no nos han enseñado nada?

    El sector naval está muerto. Lo está desde que los laboriosos coreanos, los semiesclavos chinos y los piratas holandeses se han apropiado de ese sector. No se pueden recuperar 30 años de desventaja «porqueyolo».

    Ferrol debe mirar a otro lado. Si, el naval aún es un buen puntal… pero ni de lejos debería volver a ser lo que fué, so pena de que al poner de nuevo todos los huevos en la misma cesta, nos los vuelvan a romper desde más allá del telón de grelos.