Alcaldesa y portavoces de Narón se reunieron con el comite de empresa del «J.Cardona»

A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, presidiu na tarde deste venres no Concello unha reunión dos portavoces dos grupos políticos da corporación local –Román Romero (TEGA); David Pita (PSOE), Germán Castrillón (PP) e Olaia Ledo (BNG)- cos representantes das traballadoras e traballadores do hospital Juan Cardona, de Ferrol. O colectivo trasladoulle aos
políticos locais a actual situación do centro e a súa preocupación despois de
que a dirección do centro lles anunciase a súa intención de retirar dous
complementos salariais das súas nóminas, o que suporía unha merma nos
seus ingresos de entre 200 e 250 euros, según aseguran os afectados.
A aplicación destes recortes salariais deriva, tal e como lles trasladaron,
da redución na actividade do centro derivada pola merma de pacientes
derivados do Sergas debido á crise da Covid-19, unha xustificación que non
respalda o comité de empresa. A situación complícase tamén, indican, polo
retraso que acumula a negociación dun novo convenio co Sergas –o anterior
expirou o pasado 31 de marzo e prorrogouse ata seis meses despois do fin do
estado de alarma-.
Representantes do comité de empresa aseguraron que os responsables
do hospital actúan de “mala fe”, incidiron en que “cando houbo ganancias,
como dixeron nos últimos catro anos, non se repartiron entre os traballadores e
traballadoras”. Así mesmo, subliñaron que “na negociación que nos plantexan
agora, o comité de empresa non vai permitir negociar nada que supoña aos
traballadores a perda dun só euro das súas nóminas, dos dereitos adquiridos”.
Tras escoitar aos integrantes do comité de empresa do hospital Juan
Cardona –cun plantel integrado por unhas 300 persoas e concertado ao 82% co Sergas- a alcaldesa, Marián Ferreiro, comprometeuse a levar ao pleno unha

declaración institucional en defensa das súas reivindicacións, co fin de que se
garantan as súas condicións laborais. Así mesmo, recordou a manifestación
que terá lugar o vindeiro domingo, día 5, con saída ás 10.00 horas do hospital
en dirección á Praza de Amboaxe, en Ferrol.

Lea también

Narón iza a bandeira galega na Casa da Cultura

O Concello de Narón  programou para este sábado coincidindo co 23 de novembro, festividade local, …