Membros da Asociación Memoria Historica mantiveron un encontro con Bruno Díaz e Beatriz Sestayo, do PSdG-PSOE

Este luns varios membros da Directiva da Asociación Memoria Histórica Democrática, mantiveron, a solicitud deles, unha breve reunión co candidato nº 5 ao Parlamento de Galicia, polo PSdG-PSOE, Bruno Díaz Doce e a Secretaria Xeral da Agrupación Socialista de Ferrol, Beatriz Sestayo e os  acompañaron nunha visita ao Cemiterio de Serantes, un dos lugares emblemáticos da Memoria en Ferrolterra, onde foron asesinados tantas e tantos republicanos e progresistas.

Nesta xuntanza o Candidato e a Secretaria Xeral comentaron a súa disposisición á defensa e a recuperación da Memoria e desde a Asociación lles referiron todas as actividades que vimos desenrolando na comarca desde hai vinte anos, lembrando especialmente proxectos importantes, que deberían ser realidade a non tardar, como o Centro de Interpretación da Memoria e as visitas guiadas no Castelo de San Felipe.

Lea también

Equiocio, impulsado por la familia de Paloma Lago, aplaza un acto este viernes tras conocerse la denuncia a Villares

Equiocio, evento ecuestre promovido por la familia de la presentadora ferrolana Paloma Lago, ha remitido …

Un comentario

  1. Mis abuelos siempre nos contaban como los republicanos cogieron a un grupo de vecinos de Narón, los llevaron hasta el Monasterio de O Couto y frente al cura los fusilaron. Y yo pregunto, eso no encaja dentro de la Memoria Histórica? O acaso la «memoria» es selectiva?