A piscina da Gándara, en Narón, reabrirá o vindeiro martes para nado libre con cita previa

O Concello de Narón reabrirá o vindeiro martes, día 9, a piscina municipal da Gándara para nado libre, á que se poderá acceder con cita previa e atendendo as indicacións sanitarias e de seguridade implantadas con motivo de prevención da Covid-19. As persoas que desexen facer uso das instalacións nos horarios habilitados deberán chamar ao número de teléfono 981 337 700 (extensión 2503) ou 981 111 025 (extensión 7) de luns a venres, entre as 8.30 e as 13.30 para pedir cita.

Os turnos serán de corenta minutos de duración, en lugar dos 45 establecidos antes da crise da Covid-19 e non se poderán utilizar os servizos de duchas dos vestiarios. Co fin de ofrecer o servizo atendendo ás medidas sanitarias, reforzaranse as duchas localizadas na zona da praia da propia piscina. Así mesmo, non se poderán utilizar os enchufes nin secadores.

Os horarios para os que se poderá pedir cita son, de luns a sábado entre as 7.45 e as 8.25; de 9.00 a 9.40; de 1015 a 10.55; de 11.30 a 12.10 e de 12.45 a 13.30 polas mañás e tamén de luns a venres de 16.00 a 16.40 en horario de tarde.

No citado complexo polideportivo da Gándara continuará pechada polo momento a piscina terapéutica.

As instalacións tamén serán utilizadas por entidades deportivas para adestramentos. O resto de instalacións deportivas municipais iranse reabrindo a medida que así o soliciten as entidades que habitualmente as utilizan para os seus adestramento

Lea también

A conferencia sobre saúde mental prevista para este sábado en Narón, adíase ó día 29

A conferencia da psicóloga Rita Touza, prevista inicialmente para este sábado 23, adíase ata o …