O Padroado da Cultura de Narón pechará o vindeiro luns, día 1 de xuño, o prazo para devolver o importe das entradas do espectáculo “Autorretrato de un joven capitalista español”, que estaba previsto para o pasado 21 de marzo.
A maiores, tamén se está procedendo á devolución dos asentos correspondentes á obra “Sé infiel y no mires con quien”, que se ía desenvolver o 12 de xuño e con período de devolución ata ese mesmo día, e os da comedia “Unha noite na praia”, proxectado para o 9 de xullo, día ata o que se poderán reclamar.
Dende o Padroado da Cultura recordouse que unha vez transcorridas esas datas non serán efectivos cambios nin reembolsos de localidades para os tres espectáculos citados anteriormente. As persoas que teñan algunha dúbida respecto ao procedemento poden poñerse en contacto co despacho de billetes do Pazo da Cultura, chamando ao número de teléfono 981 102 897, de luns a venres entre as 9.30 e as 13.30 e de 17.00 a 20.30 horas